domingo, 1 de junio de 2008

O século XX foi o século de Vigo

Este século marcou unha etapa de asombroso despegue económico. A comezos de século, a burguesía liberal viguesa tomou nas súas mans os mecanismos de poder económico e político. Instaláronse novas industrias, ó mesmo tempo que se melloraban as comunicacións e creábanse novos plans para ensancha-la cidade. En pouco máis de dez anos duplicouse a poboación (en 1910 xa acadara os 30.000 habitantes). Segundo avanzaba o século Vigo absorbeu os concellos limítrofes de Bouzas (1904) e Lavadores (1941) e aí ven o aumento de poboación e póñense as bases da puxante e grande cidade actual.

O Vigo do século XX ten varios símbolos ou imáxenes que compre recordar: O porto, que quedou indisolublemente xunguido coa imaxe de milleiros de galegos, sobre todo do interior das zonas rurais, que se embarcaron rumbo a América fuxindo da crise económica que sofrían moitas familias. O porto de Vigo foi, neses momentos, un dos principais puntos de partida. Outro símbolo da época é o tranvía, que comezou a funcionar en 1914. A cidade ferveu durante esta época cunha intensa actividade social. Xurdiron numerosos periódicos e semanarios, asociacións e organizacións de carácter político e sindical, etc. Todo este dinamismo social quedou neutralizado cá Guerra Civil Española (1936-1939), na que se fusilou o 27 de agosto de 1936 , entre outros, o seu alcalde Emilio Martínez Garrido.

Nas décadas de 1960 e 1970 Vigo sufriu un crecemento urbano acelerado e ás veces desordeado, motivado polo desenvolvemente industrial. A oferta laboral atraeu numerosa inmigración das zonas rurais de Galicia, especialmente de Ourense, que arraigaron en barrios tan populares hoxe como Coia, Teis ou o Calvario. O impacto producido polas sucesivas crises do petróleo a partir da década de 1970 golpeu con forza a cidade entre 1975 e 1985, aumentando os conflictos sociais e destruindo unha parte do tecido industrial tradicional, vinculado co mar. Dende finais da década de 1980, obsérvase certa recuperación económica, que afianzou a comarca como unha moderna e importante zona industrializada e de servizos, tendencia que se prolonga, aínda que con certo ritmo decrecente, ata a actualidade.

No hay comentarios: