domingo, 27 de abril de 2008

Rutas

“Vigo en Ruta” é un programa de visitas peonís guiadas pola cidade. Trátase dun servizo gratuíto. As visitas están dirixidas aos turistas pero tamén aos cidadáns vigueses.

Actualmente ofrecemos tres rutas “100 minutos de cultura”, “100 minutos de mar” e “100 minutos de natureza”.

“100 minutos de cultura” comeza no Marco (Museo de Arte Contemporánea) e remata na rúa da Pescadería, máis coñecida como “Rúa das Ostreiras”. Durante o percorrido pódense contemplar algúns dos edificios, prazas e monumentos máis significativos da cidade.

“100 minutos de mar” comeza na Praza da Pedra e remata no emblemático barrio do Berbés. Durante este percorrido darase información sobre a evolución histórica do porto, así como a súa relevancia para a cidade nos últimos séculos.
“100 minutos de natureza” comeza na Fortaleza do Castro e remata na Cruz dos Caídos. Durante este percorrido darase información acerca das esculturas, vexetación e historia do Parque do Castro.

As visitas realízanse en grupos de 15 persoas como máximo, en castelán, en galego e en inglés. A comunicación oral establecerase tanto en español como en inglés. É necesario formalizar a reserva con antelación.

PARA MÁIS INFORMACIÓN:

Tlf: 986 810 199 / 986 810 171 / 986 224 757 Fax: 986 810 110 e-mail: ofi.turismo@vigo.org

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo - (+34)986810100

No hay comentarios: