domingo, 27 de abril de 2008

Noite

A principios dos anos 80 o fenómeno cultural coñecido como “a movida” estalou en Vigo co éxito de grupos musicais como “Siniestro Total”, “Golpes Bajos”, “Os Resentidos”, ”Aerolíneas Federales”… A cidade mantivo desde entón unha longa tradición de bos pubs, bares e discotecas que a consolidan como un referente da marcha en Galicia.

Zonas de marcha

Área de Samil: Nas inmediacións da praia de Samil atópanse bares e discotecas que pechan a altas horas da madrugada.

Churruca: É a zona de marcha máis alternativa da cidade. Atopamos desde cervexarías, cafés e bares até locais que ofrecen concertos durante todo o ano. Os diferentes bares da zona ofrecen gran variedade musical, desde rock & roll, funky, techno… así como unha decoración atractiva nos seus locais.

Montero Ríos: zona próxima ao porto deportivo. Ao longo do paseo de Montero Ríos e nas rúas paralelas atopamos multitude de pubs, bares e restaurantes nos que se coidou ao extremo a decoración e os detalles. En verán destaca a cantidade de terrazas, lugar de cita obrigada para gozar das primeiras copas da noite.

Rúa Areal: amplia variedade de pubs nos que a diversión se prolonga ata altas horas da madrugada. Nesta zona atoparás os locais de moda da cidade coa música máis actual do momento.

Rosalía de Castro: zona onde atopamos unha grande oferta de restaurantes, bares de tapas, cervexarías e pubs próximos ás zonas de marcha da cidade.

Casco Antigo: Nos seus tempos foi a zona de moda e comeza lentamente a recuperar a súa antigua marcha. Actualmente está en fase de rehabilitación. Escenario da movida dos 80, destacou polos seus locais emblemáticos.

Conciertos e festivais

Vigo ten unha grande oferta cultural no mundo da música. Posúe un dos mellores auditorios ao aire libre –o Auditorio de Castrelos– e un fabuloso auditorio-teatro deseñado por Antonio Palacios –o Centro Cultural Caixanova–. Ademais conta cun Conservatorio Superior de Música e gran cantidade de locais nocturnos que ofrecen concertos de jazz, pop e rock.

Ao longo do ano celébrase unha serie de festivais de grande importancia, entre os que destacan o Festival Internacional de Jazz Imaxina Sons ou o Festival de Música Are-more.

Festival Internacional de Jazz de Vigo Imaxina Sons

O Festival Internacional de Jazz de Vigo, “Imaxina Sons”, nace coa intención de cubrir un baleiro e satisfacer a demanda no noso país con respecto ao ámbito europeo do jazz e, por outro lado, intentar mostrar tendencias descoñecidas desta música no noso país que no resto de Europa si están presentes. Trátase tamén de amosar que é o que está sucedendo co jazz en Galicia, así como no resto de España.

“Imaxina sons” informa sobre o jazz actual no noso contorno máis próximo –Galicia, España e Europa–. Deste xeito púidose gozar, por vez primeira no Estado do octecto de Gianlui Trovesi ou do último proxecto de Daniel Humair, “Baby Boom”. Tamén doutros músicos españois como Ramón López “Eleven Drums Songs” ou a homenaxe de Agustí Fernández; sen esquecer a presenza novidosa, para algún, do violonchelo en jazz de Vicent Courtois, colaborador habitual de Louis Sclavis.

Os concertos adoitan levarse a cabo no Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova, no auditorio “Martín Codax” do Conservatorio, no Auditorio Municipal, no Verbum Jazz Café, no Manteca Jazz, na Praza da Estrela, en Montero Ríos, no Pub Quomo e no Salón de Actos do Marco.

Ciclo de Xóvenes Intérpretes “Xeración 2000+7” (Ciclo de Xóvenes Intérpretes para un novo século)

Este festival de música clásica ten a finalidade de dar a coñecer o traballo que se realiza nos conservatorios e nas escolas de música.

Xeración 2000+6 é o ciclo emblemático dos novos músicos en Galicia e no Norte de Portugal. Foi pioneiro en apostar polo talento dos músicos da nosa comunidade, até tal punto que intérpretes doutros países quixeron sumarse en edicións anteriores.

Concertos de Castrelos

Todos os anos en verán, dentro do Programa das Festas do Cristo da Vitoria de Vigo, celébranse no Auditorio de Castrelos un conxunto de concertos ao aire libre cos grupos e músicos máis notables do momento.

CONCERTOS 2007

30 de Xuño: JULIETA VENEGAS + TULSA

19 de Xullo: ARTIC MONKEYS + MENDETZ

22 de Xullo: PAULINA RUBIO

26 de Xullo : POP ESPAÑOL DOS 80. LOS SECRETOS.

1 de Agosto: MAREA

2 de Agosto: CORAL CASABLANCA

FESTIVAIS 2007

13 - 19 de Xullo. XIII FESTIVAL "VIGOFOLCELTA"

24 de Xullo. FESTIVAL "VOCES DE VIGO"

Ciclo de Música Sacra “Encontros místicos”

Viaxe pola música relixiosa europea.

Festival de Música de Vigo Are-More

O festival de música Are-More converteuse nunha cita destacada da música clásica, ao contar coa presenza das mellores voces de finais do século XX e principios do XXI.

Salas de concertos

Auditorio de Castrelos (Parque de Castrelos s/n)

Auditorio da Universidade de Vigo (Campus Universitario de Vigo 36310 As Lagoas-Marcosende Vigo)

Centro Cultural Caixanova (Rúa Policarpo Sanz, 13 Tlf: 986 120 078)

Recinto Feiral de Vigo “IFEVI” (Av. do Aeroporto, 772 Tlf: 986 486 144)

Etc.

No hay comentarios: