domingo, 27 de abril de 2008

Natureza

A cidade de Vigo está en pleno contacto coa natureza. Coroada polo Monte do Castro, o Monte da Guía e bañada pola Ría, a cidade ofrécelle ao viaxeiro a posibilidade de estar en síntese co medio natural.

Os seus múltiples parques e xardíns urbanos e a gran variedade de parques forestais, nos que realizar rutas de sendeirismo, converten a cidade de Vigo nun paraíso verde. Destaca tamén a presenza de Vigozoo, único zoo da comunidade galega, o cal conta con multitude de especies de cada continente, así como dun exotarium, planetario e exposición de astronomía.

No hay comentarios: