domingo, 27 de abril de 2008

Gastronomía

A gastronomía viguesa, ao igual ca a galega, é sen dúbida unha das máis ricas e variadas do mundo. O prestixio dos nosos pratos radica sobre todo na calidade da materia prima e na súa elaboración. Mariscos, peixes, carnes e vexetais acompañados de viños e queixos son a base para a elaboración de pratos variados e saborosos.

A tradición e a modernidade conviven e compleméntanse na cociña da nosa cidade, dende a “cociña de autor” até as tascas máis populares.

En calquera parte de Vigo podemos atopar lugares nos que degustar a cociña máis tradicional. No Berbés –barrio mariñeiro por excelencia, onde se atopa a lonxa de Vigo– existen multitude de restaurantes típicos mariñeiros; preto de aquí, tamén no Casco Histórico, descubrimos as famosas rúas “rúa das Ostras” (r/ Pescadería) e “rúa do Polbo” (r/ da Laxe), nos que podemos degustar estes productos tan típicos da nosa cidade "in situ". Ademais, en Vigo atopamos tamén cociña de autor e restaurantes máis internacionais que nos ofrecen especialidades de case calquera lugar do mundo (comida hindú-paquistaní, chinesa, italiana...) coa que convencer os máis exquisitos padais.

Onde comer

Para os amantes da boa comida, a cidade de Vigo ofrece unha extensa gama de locais gastronómicos onde saborear dende a cociña máis tradicional até os pratos máis típicos doutras rexións e países.

Restaurantes
Marisquerías
Asadores
Mesóns
Taperías
Comida alemá
Comida americana
Comida arxentina
Comida chinesa
Comida hindú
Comida internacional
Comida italiana
Comida italoamericana
Comida mexicana
Comida navarra
Comida preparada
Comida rápida
Comida rexional do Bierzo
Comida turca
Comida vasca
Comida vexetariana
Pizzerías
Bocaterías
Hamburgueserías

No hay comentarios: