domingo, 27 de abril de 2008

Autobús turístico

O “Bus Turístico” funciona en Semana Santa e durante o período estival. Realiza catro viaxes ao día ás 10:00, 12:00, 16:30 e 18:30 con saída na rúa de Cánovas del Castillo. No resto do ano funciona os días que recalan cruceiros na cidade, e nestes días, o bus sae dende a Estación Marítima (consultar os horarios para os referidos días no 986 810 199). Existe tamén a posibilidade de coller o bus nas seguintes paradas: O Areal, Garcia Barbón 9, Policarpo Sanz 19, Venezuela 2, Venezuela 48, Rotonda do Monte do Castro, Praza de España, Praza de América, Museo de Castrelos, Martín Echegaray, Castelao, Samil - Praia, Alcabre e Bouzas.

Co mesmo tícket pódese subir e baixar do “Bus” ao longo do día as veces que se queiran. O prezo da viaxe do Bus Turístico –cunha duración dun día– é de 7,50 € adultos e 4 € nenos (de 3-14 anos). Os nenos menores de 3 anos viaxan gratis (sen ocupar asento). Os billetes véndense no propio Bus Turístico.

O Bus Turístico conta cun sistema de locución con auriculares, polo que se pode escoitar a información en varios idiomas.

PARA MÁIS INFORMACIÓN:

Tlf: 986 810 199 / 986 224 757 Fax: 986 810 110 e-mail: ofi.turismo@vigo.org

No hay comentarios: