domingo, 27 de abril de 2008

Mapa de Vigo


Ver mapa más grande

Identidade de Vigo

Situación: 42º 14’ Norte, 8º 45’ Oeste
Extensión: 110km2
Poboación: case 300.000 habitantes
Densidade: 2.755 habitantes/km2
Pluviosidade media: 1.400 litros/m2 ao ano
Temperatura media: 15ºC

Vigo ten unha poboación de case 300.000 habitantes aínda que, en realidade, a diario viven, traballan e estudan nesta cidade case medio millón de persoas, representando o 32% da poboación da provincia de Pontevedra e o 12% da poboación de Galicia.

Ademais de ser a cidade máis poboada de Galicia, é tamén a que maior fluxo migratorio rexistrou en toda a súa historia. Polo porto saíron, no pasado, centos de miles de emigrantes cara a América, pero tamén ducias de miles quedaron aquí e fixeron súa esta cidade axudando a construíla.

Vigo é unha urbe moi nova. A súa carta de cidadanía data de 1810 e o gran desenvolvemento urbano e demográfico produciuse no século XX, no que multiplica por vinte a súa poboación.

A cidade de Vigo está situada na metade da ría, á que dá o seu nome. A Ría de Vigo é a máis sureña das Rías Baixas e, sen dúbida, a de maior beleza. Dende as Illas Cíes até a enseada de San Simón, abríndose tras o estreito de Rande, no longo esteiro vigués esparéxense pintorescas vilas mariñeiras presididas pola urbe olívica, coñecida como “A Porta do Atlántico”. As súas praias son dun gran atractivo, con estupendas instalacións naúticas para a práctica de deportes naúticos e rutas pola Ría.

O municipio, de 110km2, esténdese sobre unha orografía moi accidentada. Presidido polo monte do Castro e o monte da Guía, o seu perfil sinuoso xera as pintorescas costas do seu núcleo histórico e os magníficos miradoiros que, coa ría de protagonista, lle ofrecen ao visitante estampas de prodixio. Nesta superficie mestúrase unha consolidada estrutura urbana cunha morea de parroquias rurais.

Xeralmente soleada, con veráns cálidos pero non sufocantes, Vigo goza dun microclima dentro de Galicia.

Noite

A principios dos anos 80 o fenómeno cultural coñecido como “a movida” estalou en Vigo co éxito de grupos musicais como “Siniestro Total”, “Golpes Bajos”, “Os Resentidos”, ”Aerolíneas Federales”… A cidade mantivo desde entón unha longa tradición de bos pubs, bares e discotecas que a consolidan como un referente da marcha en Galicia.

Zonas de marcha

Área de Samil: Nas inmediacións da praia de Samil atópanse bares e discotecas que pechan a altas horas da madrugada.

Churruca: É a zona de marcha máis alternativa da cidade. Atopamos desde cervexarías, cafés e bares até locais que ofrecen concertos durante todo o ano. Os diferentes bares da zona ofrecen gran variedade musical, desde rock & roll, funky, techno… así como unha decoración atractiva nos seus locais.

Montero Ríos: zona próxima ao porto deportivo. Ao longo do paseo de Montero Ríos e nas rúas paralelas atopamos multitude de pubs, bares e restaurantes nos que se coidou ao extremo a decoración e os detalles. En verán destaca a cantidade de terrazas, lugar de cita obrigada para gozar das primeiras copas da noite.

Rúa Areal: amplia variedade de pubs nos que a diversión se prolonga ata altas horas da madrugada. Nesta zona atoparás os locais de moda da cidade coa música máis actual do momento.

Rosalía de Castro: zona onde atopamos unha grande oferta de restaurantes, bares de tapas, cervexarías e pubs próximos ás zonas de marcha da cidade.

Casco Antigo: Nos seus tempos foi a zona de moda e comeza lentamente a recuperar a súa antigua marcha. Actualmente está en fase de rehabilitación. Escenario da movida dos 80, destacou polos seus locais emblemáticos.

Conciertos e festivais

Vigo ten unha grande oferta cultural no mundo da música. Posúe un dos mellores auditorios ao aire libre –o Auditorio de Castrelos– e un fabuloso auditorio-teatro deseñado por Antonio Palacios –o Centro Cultural Caixanova–. Ademais conta cun Conservatorio Superior de Música e gran cantidade de locais nocturnos que ofrecen concertos de jazz, pop e rock.

Ao longo do ano celébrase unha serie de festivais de grande importancia, entre os que destacan o Festival Internacional de Jazz Imaxina Sons ou o Festival de Música Are-more.

Festival Internacional de Jazz de Vigo Imaxina Sons

O Festival Internacional de Jazz de Vigo, “Imaxina Sons”, nace coa intención de cubrir un baleiro e satisfacer a demanda no noso país con respecto ao ámbito europeo do jazz e, por outro lado, intentar mostrar tendencias descoñecidas desta música no noso país que no resto de Europa si están presentes. Trátase tamén de amosar que é o que está sucedendo co jazz en Galicia, así como no resto de España.

“Imaxina sons” informa sobre o jazz actual no noso contorno máis próximo –Galicia, España e Europa–. Deste xeito púidose gozar, por vez primeira no Estado do octecto de Gianlui Trovesi ou do último proxecto de Daniel Humair, “Baby Boom”. Tamén doutros músicos españois como Ramón López “Eleven Drums Songs” ou a homenaxe de Agustí Fernández; sen esquecer a presenza novidosa, para algún, do violonchelo en jazz de Vicent Courtois, colaborador habitual de Louis Sclavis.

Os concertos adoitan levarse a cabo no Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova, no auditorio “Martín Codax” do Conservatorio, no Auditorio Municipal, no Verbum Jazz Café, no Manteca Jazz, na Praza da Estrela, en Montero Ríos, no Pub Quomo e no Salón de Actos do Marco.

Ciclo de Xóvenes Intérpretes “Xeración 2000+7” (Ciclo de Xóvenes Intérpretes para un novo século)

Este festival de música clásica ten a finalidade de dar a coñecer o traballo que se realiza nos conservatorios e nas escolas de música.

Xeración 2000+6 é o ciclo emblemático dos novos músicos en Galicia e no Norte de Portugal. Foi pioneiro en apostar polo talento dos músicos da nosa comunidade, até tal punto que intérpretes doutros países quixeron sumarse en edicións anteriores.

Concertos de Castrelos

Todos os anos en verán, dentro do Programa das Festas do Cristo da Vitoria de Vigo, celébranse no Auditorio de Castrelos un conxunto de concertos ao aire libre cos grupos e músicos máis notables do momento.

CONCERTOS 2007

30 de Xuño: JULIETA VENEGAS + TULSA

19 de Xullo: ARTIC MONKEYS + MENDETZ

22 de Xullo: PAULINA RUBIO

26 de Xullo : POP ESPAÑOL DOS 80. LOS SECRETOS.

1 de Agosto: MAREA

2 de Agosto: CORAL CASABLANCA

FESTIVAIS 2007

13 - 19 de Xullo. XIII FESTIVAL "VIGOFOLCELTA"

24 de Xullo. FESTIVAL "VOCES DE VIGO"

Ciclo de Música Sacra “Encontros místicos”

Viaxe pola música relixiosa europea.

Festival de Música de Vigo Are-More

O festival de música Are-More converteuse nunha cita destacada da música clásica, ao contar coa presenza das mellores voces de finais do século XX e principios do XXI.

Salas de concertos

Auditorio de Castrelos (Parque de Castrelos s/n)

Auditorio da Universidade de Vigo (Campus Universitario de Vigo 36310 As Lagoas-Marcosende Vigo)

Centro Cultural Caixanova (Rúa Policarpo Sanz, 13 Tlf: 986 120 078)

Recinto Feiral de Vigo “IFEVI” (Av. do Aeroporto, 772 Tlf: 986 486 144)

Etc.

Gastronomía

A gastronomía viguesa, ao igual ca a galega, é sen dúbida unha das máis ricas e variadas do mundo. O prestixio dos nosos pratos radica sobre todo na calidade da materia prima e na súa elaboración. Mariscos, peixes, carnes e vexetais acompañados de viños e queixos son a base para a elaboración de pratos variados e saborosos.

A tradición e a modernidade conviven e compleméntanse na cociña da nosa cidade, dende a “cociña de autor” até as tascas máis populares.

En calquera parte de Vigo podemos atopar lugares nos que degustar a cociña máis tradicional. No Berbés –barrio mariñeiro por excelencia, onde se atopa a lonxa de Vigo– existen multitude de restaurantes típicos mariñeiros; preto de aquí, tamén no Casco Histórico, descubrimos as famosas rúas “rúa das Ostras” (r/ Pescadería) e “rúa do Polbo” (r/ da Laxe), nos que podemos degustar estes productos tan típicos da nosa cidade "in situ". Ademais, en Vigo atopamos tamén cociña de autor e restaurantes máis internacionais que nos ofrecen especialidades de case calquera lugar do mundo (comida hindú-paquistaní, chinesa, italiana...) coa que convencer os máis exquisitos padais.

Onde comer

Para os amantes da boa comida, a cidade de Vigo ofrece unha extensa gama de locais gastronómicos onde saborear dende a cociña máis tradicional até os pratos máis típicos doutras rexións e países.

Restaurantes
Marisquerías
Asadores
Mesóns
Taperías
Comida alemá
Comida americana
Comida arxentina
Comida chinesa
Comida hindú
Comida internacional
Comida italiana
Comida italoamericana
Comida mexicana
Comida navarra
Comida preparada
Comida rápida
Comida rexional do Bierzo
Comida turca
Comida vasca
Comida vexetariana
Pizzerías
Bocaterías
Hamburgueserías

Museos, Fundacións e Centros culturais

Casa-Museo Diego de Giráldez
Museo-Pazo Quiñones de León
Museo de arte contemporánea (MARCO)
Museo Verbum
Museo do Mar de Galicia
Arquivo fotográfico Pacheco
Fundación Laxeiro
Museo etnográfico Liste
Casa das Artes
Centro de Artesanía Tradicional (CAT)
Museo da Arte Deportiva
Colección de Arte Francisco Fernández del Riego
Centro Cultural Caixanova
Centro Social Caixanova
Centro Cultural Caixa Galicia
Fundación Pedro Barrié de la Maza
Casa Galega da Cultura
Casa do Cesteiro

Festas

Xaneiro

Ciclo de Música “Un Mar de Bandas”
“Cantos e Danzas de Reis”. Zona Vella
Feira de Artesanía “OFEITOAMÁN”
Concurso de Rondallas
5 de Xaneiro:
Cabalgata dos Reis Magos
Cena e Baile Noite de Reis. A.V.C.D Monte da Mina de Castrelos
Cabalgata de Reis. AA.VV Praza da Miñoca
Pista de xeo
15 de Xaneiro: Romería de San Mauro, Matamá.

Febreiro

Ciclo de Música “Un Mar de Bandas”
2 de Febreiro: Romaría da Candelaria. Parroquia de Castrelos
3 de Febreiro:
Romaría de San Blas. Bembrive.
Baile da Piñata. Candeán.
Domingo cercano ó 14 de Febreiro: Festa dos Enamorados. Valadares.

Marzo

Ciclo Musical “Un Mar de Bandas”
“Vigo a escena”. Circuíto teatral por barrios. (varias funcións ao longo do mes)
8 de Marzo: Día da Muller Traballadora. A.A.V.V. Candeán.
19 de Marzo: Festa dos Vellos. AA.VV. Beade.
28 de Marzo: “A Reconquista”, representación na zona antiga da loita dos vigueses contra as tropas francesas en 1809.

Abril

Ciclo de Música “Un Mar de Bandas”
“Vigo a Escena”. Circuíto Teatral por Barrios. (varias funcións ao longo do mes)
“Festa da Brincadeira”, dentro da Semana da Reconquista (fin de semana seguinte). A.V Dr. Casas de Bouzas

Maio

Ciclo de Música “Un Mar de Bandas”
“Vigo a Escena”, Circuito Teatral polos Barrios. (varias funcións ó longo do mes)
2º domingo Os Maios
Teatralización simbólica da chegada da Primaveira na Praza da Constitución
Varias actividades. Casco Vello
Entre a 2ª e 3ª semana: “Batalla das Flores”
2ª semana: Festival rock´n Oia. Torreiro de Liñares. Organizan: Vocalía de Xuventude e Asoc. de San Miguel de Oia
17 de Maio: Día das Letras Galegas. Varias Actividades.
26 de Maio: Festa da Empanada. Beade.
Última semana de Maio: Festa das Flores. Castrelos.

Xuño

Ciclo de Música “Un Mar de Bandas”
“Vigo a Escena”, Circuito Teatral por Barrios. (varias funcións durante todo o mes)
1ª semana de Xuño:
San Sebastián de Fragoselo en Coruxo.
Festa do Sto Cristo dos Aflixidos. Valadares.
7 de Xuño: Día da Muñeira
2ª semana de Xuño: Festa da Cereixa. Beade.
10 Xuño:
Procesión do Corpus Christi. Vigo.
Confección de Alfombras. Beade.
14 - 16 de Xuño: Festa de San Isidro Labrador. Modelo Sárdoma.
2ª semana: Festa do Veciño no Monte Vixiador .
2ª quincena de Xuño: “Imaxina Sons”. Festival Internacional de Jazz de Vigo
Venres 23: “San Xoán”, tradicionais fogueiras na noite de San Xoán, en case todas as parroquias de Vigo
A.V. de Candeán
Asociación de Veciños de Cabral
Asociación Nautilus
A.V. Dr. Casas de Bouzas
A.V.C.U - C.S.C.R DE Beade
As Fontes
A.V.S.C.D do Freixo
Asoc. San Xurxo-Saiáns
Chourizada. AA.VV Praza da Miñoca
Fogueira con queimada. A.V Fonte do Galo
Fogueira con sardiñas, chourizos, pan de millo, viño e actuación do grupo folclórico Algazara. A.V de Alcabre
Fogueira con sardiñas, pan, viño, chourizos. C.V.C de Valadares (na zona recreativa do Pedregal)
Sardiñada sen fogueira. A.V de Sampaio
Sardiñada. A.V Rosalía de Castro
24 - 25 de Xuño: "O Visitante". Poulo
2ª quincena de Xuño: San Xurxo. Saians.
26, 27, 28 y 29 de Xuño: Festas de San Paio de Navia.
27 y 28 de Xuño: Festas de San Paio de Lavadores.
27, 28, y 29 de Xuño: Festa de San Pedro de Sárdoma


Xullo

Ciclo de Música “Un Mar de Bandas”
1ª semana: “Imaxina Sons”. Festival Internacional de Jazz de Vigo
5 - 9 de Xullo: Festas da Consolación en Coia
6 - 7 de Xullo: Festas da Parrocha. Bembrive
11 de Xullo: Festa de San Bieito do Monte Pequeno. UVCD Candeán
11 - 13 de Xullo: Sta Eulalia e San Antón (Alcabre)
2º domingo de Xullo: Festas Virxe do Carme. Alcabre.
3º domingo: Festas de BOUZAS: destaca a Romaría do Santísimo Cristo dos Aflixidos; a súa culminación é a famosa gran tirada de fogos artificiais.
15 - 19 de Xullo: Festas Virxe do Carme. Vao.
3º domingo de Xullo: Santa Marina. Cabral.
23 - 25 de Xullo: Santa Cristina de Lavadores.
3º domingo de Xullo: San Cristobo. Candeán .
24 - 26 de Xullo: Festas de Santiago. Bembrive.
3º domingo de Xullo: Santa Ana. Beade.
25 de Xullo: Día de Galicia.
2ª quincena de Xullo. Festa do Mexillón. Castrelos.
25-26 de Xullo: Santa Ana. Candeán.
26 - 27 de Xullo: Festa da Amizade. Saiáns.
30 de Xullo: Festa do Pan de Millo. Saiáns.
Último domingo de Xullo: Festa da Sardiña en A Guía.

Agosto

Ciclo de Música “Un Mar de Bandas”
Primer fin de semana do mes: Semana Grande de Vigo e “Festas do Cristo da Victoria”
1º fin de semana do mes:
Nosa Señora das Neves . Monte da Guía.
Festa Nosa Señora De A Guía. Matamá.
1º sábado de Agosto: Romaría Chincho en Escabeche. Sampaio.
1ª semana de Agosto: Festa Veciñal do Monte. Beade.
1º domingo de Agosto: Romaría de San Lourenzo en Coruxo
2º domingo de Agosto: Festa do polvo. Festas de San Salvador en Teis.
2ª semana do mes: Festa Veciñal do Monte da Asociación de Veciños de Valadares
3ª semana de Agosto: “Revoltallo de Música Emerxente” no Monte dos Pozos. Valadares.
15 - 16 de Agosto: Festas de San Roque , festivo local.
16 de Agosto: San Roque. Cabral.
18 - 24 de Agosto: Romaría da Virxe do Alba, no Monte Alba.
22 - 23 de Agosto: Festa do Rosario. Lavadores.
3º Domingo de Agosto: Festa do Polvo, Valadares.
Último domingo do es: Festas de San Campio, en Valadares

Setembro

1º fin de semana: Romaría do Monte Vixiador. UVCD Candeán
1ª semama do mes: Festas do Rosario: San Andrés de Comesaña.
1er sábado de Setembro: Virxe dos Aflixidos. Zamáns.
2º domingo do mes: Romaría da Virxe dos Liñares. Canido.
7, 8 y 9 de Setembro: V Xornadas gastronómicas e Marisqueiras. Berbés.
2ª semana de Setembro: Festa do Pexego. Candeán.
3er domingo de Septembro: Romaría da Virxe das Dores. Cabral.
27- 29 Setembro: Festas de San Miguel de Oia.

Outubro

Festival de Música de Vigo ARE-MORE (outubro-decembro)

Novembro

Festival de Música de Vigo ARE-MORE (outubro-decembro)
“Vigo a Escena”, Circuíto Teatral por Barrios. (varias funcións ao longo do mes)
A mediados de mes: San Martiño e Magostos en diversas zonas da cidade
Magosto da Asociación Cultural O Coto. Carballal – Cabral
Magosto do Centro Social, Cultural e Recreativo de Beade
Magosto da A.V.S.C.D do Freixo
Magosto da A.V.C.D Monte da Mina de Castrelos
Magosto da Asoc. de San Miguel de Oia
Magosto Popular. Asociación de Veciños de Cabral
Magosto Popular. As Fontes
San Martiño en A.V. de Sampaio
San Martiño en A.V. de Lavadores
San Martiño en A.V de Candeán
San Martiño en A.V Rosalía de Castro da Salgueira
San Martiño en A.V.C.U – C.S.C.R de Beade
San Martiño e Magosto. No Casco Vello
10 - 20 Novembro: Festas de San Martiño. Coia

Decembro

Festival de Música de Vigo ARE-MORE (outubro-decembro)
“Vigo a Escena”, Circuíto Teatral por Barrios. (varias funcións ao longo do mes)
Principios de mes: Gala Anual de Comercio de Vigo-Fecovi
Domingo 31: Festas de Fin de Ano
Festa de Fin de Ano xunto á Praza de América
Festival de Fin de Ano. Asoc. de San Miguel de Oia
Baile de Fin de Ano. A.V de Sampaio
Baile de Fin de Ano. A.V de Candeán
Baile Fin de Ano. As Fontes
Baile Fin de Ano. Asociación de Veciños de Cabral
Baile Fin de Ano. A.V.C.D Monte da Mina de Castrelos
Pista de Patinaxe sobre xeo.

Feiras-Congresos

O turismo de congresos, feiras e convencións converteuse nun dos principais focos de negocio da cidade.

A cidade de Vigo conta cunha variada oferta de instalacións que permiten satisfacer as necesidades que formula a organización de congresos, xornadas profesionais, feiras, presentacións de produto, reunións profesionais e actividades similares que, polas súas especiais características, precisan de espazos e aforos propios.

O Instituto Feiral de Vigo é un obrigado punto de encontro para os profesionais do noroeste peninsular e internacional. Cunha afluencia de público que xa supera o millón de visitantes, o seu carácter dinámico e innovador o converten na mellor garantía de éxito para o profesional disposto a crecer e a asumir novos retos.

A futura construción do Auditorio Pazo de Congresos suponrá para Vigo o seguir desenvolvendo unha intensa actividade cultural e o converterse no símbolo do Vigo Contemporáneo.

Os auditorios que se atopan repartidos pola cidade ofertan todas as facilidades para celebrar congresos, presentacións, reunións, conferencias, etc. Así mesmo, Vigo conta cun auditorio ao aire libre de inspiración greco-romana que merece especial atención pola súa situación e uso: o Auditorio de Castrelos.

En diversos salóns de actos desenvólvense programas audiovisuais e outras actividades como conferencias, seminarios, ciclos formativos ou outros eventos. Grazas a isto, a cidade olívica estase consolidando coma un dos referentes do turismo de congresos a nivel nacional dado que a cidade está reposicionando a súa imaxe de cidade industrial por unha cidade máis turística.

Deportes

A cidade de Vigo, na súa aposta polo deporte, dispón dun gran número de pavillóns onde practicar diversos deportes, así como de varias estacións náuticas onde realizar actividades deportivas relacionadas có mar.

A celebración da Volvo Ocean Race 2005, da Cutty Sark e de multitude de regatas costeiras avalan a Vigo como o destino ideal do turismo náutico.

Instalacións deportivas

A cidade de Vigo ofrece unha gran variedade de instalacións municipais nas que se pode practicar todo tipo de deportes.

A Bouza
Circuito Automodelismo de Samil
Complexo Deportivo Balaidos
Complexo Deportivo das Traviesas
Complexo Deportivo Samil
Parque de Castrelos
Pavillón Polideportivo Bouzas
Pavillón Polideportivo Carballal - Cabral
Pavillón Polideportivo Coruxo
Pavillón Polideportivo Monte de la Mina
Pavillón Polideportivo Valadares
Pavillón Polideportivo de Bembrive
Pavillón Polideportivo de Coia
Pavillón Polideportivo de Teis
Pavillón Polideportivo do Berbés
Pavillón Polideportivo Lavadores
Piscina Municipal de Lavadores
Piscina Municipal de Teis

Natureza

A cidade de Vigo está en pleno contacto coa natureza. Coroada polo Monte do Castro, o Monte da Guía e bañada pola Ría, a cidade ofrécelle ao viaxeiro a posibilidade de estar en síntese co medio natural.

Os seus múltiples parques e xardíns urbanos e a gran variedade de parques forestais, nos que realizar rutas de sendeirismo, converten a cidade de Vigo nun paraíso verde. Destaca tamén a presenza de Vigozoo, único zoo da comunidade galega, o cal conta con multitude de especies de cada continente, así como dun exotarium, planetario e exposición de astronomía.

Illas Cíes

As Illas Cíes ou, como as chamaron os romanos na súa época, Illas dos Deuses son un paraíso tanto para as aves que aniñan nos seus cantís, como para as diversas especies que alí se atopan, pero ademais sono para o visitante que pode gozar dos seus belos contornos naturais, das súas praias, da súa tranquilidade, etc.

O arquipélago está formado por tres illas: Illa de Monte Agudo (ou do Norte), Illa do Faro e Illa de San Martiño (ou do Sur). As dúas primeiras están unidas entre si por un longo areal –a praia de Rodas– no medio da cal hai unha lagoa.

A única vía de acceso ás illas é o servizo de transporte marítimo de pasaxeiros (con saídas desde Vigo, Cangas e Baiona) durante os meses de verán e en Semana Santa, se o tempo o permite. A Illa de San Martiño ou do Sur é a única que non está comunicada por liña regular (só poden acceder a ela embarcacións privadas). Na estación marítima (986 225 272) informan dos horarios, e para calquera outro tipo de información xeral poden chamar directamente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas (986 858 593).

Praias

Vigo conta con gran variedade de praias ao longo da súa costa. A cidade dispón de 45 areais, desde os máis extensos como Samil e O Vao, até os máis recollidos en Saiáns e as praias paradisíacas das Illas Cíes.

Os distintos areais vigueses ofrecen a posibilidade de estar en continuo contacto co mar e de gozar da práctica de deportes náuticos.

A cidade de Vigo conta en total, con cinco praias nudistas. Tres delas atópanse en zonas moi próximas a Vigo: unha en Coruxo e dúas en Saiáns; e as outras dúas podemos disfrutalas nas Illas Cíes.

Autobús turístico

O “Bus Turístico” funciona en Semana Santa e durante o período estival. Realiza catro viaxes ao día ás 10:00, 12:00, 16:30 e 18:30 con saída na rúa de Cánovas del Castillo. No resto do ano funciona os días que recalan cruceiros na cidade, e nestes días, o bus sae dende a Estación Marítima (consultar os horarios para os referidos días no 986 810 199). Existe tamén a posibilidade de coller o bus nas seguintes paradas: O Areal, Garcia Barbón 9, Policarpo Sanz 19, Venezuela 2, Venezuela 48, Rotonda do Monte do Castro, Praza de España, Praza de América, Museo de Castrelos, Martín Echegaray, Castelao, Samil - Praia, Alcabre e Bouzas.

Co mesmo tícket pódese subir e baixar do “Bus” ao longo do día as veces que se queiran. O prezo da viaxe do Bus Turístico –cunha duración dun día– é de 7,50 € adultos e 4 € nenos (de 3-14 anos). Os nenos menores de 3 anos viaxan gratis (sen ocupar asento). Os billetes véndense no propio Bus Turístico.

O Bus Turístico conta cun sistema de locución con auriculares, polo que se pode escoitar a información en varios idiomas.

PARA MÁIS INFORMACIÓN:

Tlf: 986 810 199 / 986 224 757 Fax: 986 810 110 e-mail: ofi.turismo@vigo.org

Transporte urbano

Para desprazarse pola cidade e os seus arredores vostede pode recorrer ao servizo de autobuses urbanos ou ao servizo de taxis.

Autobuses urbanos:

O servizo de transporte público de viaxeiros en Vigo está cuberto pola empresa Vitrasa.

A compañía dispón na actualidade dunha frota de 116 autobuses, que permiten a comunicación entre os principais barrios e parroquias do Concello.

Vitrasa: Estrada de Camposancos 36. Información de horarios e rutas: 986 291 600. Atención ao viaxero: 986 207 474. www.vitrasa.es

Taxis

Paradas:

Av. de Balaídos, 72 (tlf: 986 295 091)
Av. de Fragoso, 1 (tlf: 986 232 188)
Av. da Gran Vía, 25 (tlf: 986 420 670)
Rúa de Torrecedeira, 106 (tlf: 986 295 240)
Rúa do Grove, s/n (Alcampo) (tlf: 986 299 998)
Praza de Suárez Llanos, 5 (tlf: 986 232 099)
Rúa de Urzáiz, s/n (tlf: 986 272 424)
Rúa de Salamanca, s/n (Povisa) (tlf: 986 422 659)
Av. do Aeroporto, 106 (tlf: 986 272 294)

Radio taxi:

Central radio taxi: 986 470 000 / 986 470 033
Radio taxi servizos: 986 272 829
Radio taxi Vigo: 986 252 700 / 986 272 999 / 986 266 377
Sociedad Cooperativa Autotaxis
Av. da Atlántida, 16 Tlf- 986 296 957

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo - (+34)986810100

Rutas

“Vigo en Ruta” é un programa de visitas peonís guiadas pola cidade. Trátase dun servizo gratuíto. As visitas están dirixidas aos turistas pero tamén aos cidadáns vigueses.

Actualmente ofrecemos tres rutas “100 minutos de cultura”, “100 minutos de mar” e “100 minutos de natureza”.

“100 minutos de cultura” comeza no Marco (Museo de Arte Contemporánea) e remata na rúa da Pescadería, máis coñecida como “Rúa das Ostreiras”. Durante o percorrido pódense contemplar algúns dos edificios, prazas e monumentos máis significativos da cidade.

“100 minutos de mar” comeza na Praza da Pedra e remata no emblemático barrio do Berbés. Durante este percorrido darase información sobre a evolución histórica do porto, así como a súa relevancia para a cidade nos últimos séculos.
“100 minutos de natureza” comeza na Fortaleza do Castro e remata na Cruz dos Caídos. Durante este percorrido darase información acerca das esculturas, vexetación e historia do Parque do Castro.

As visitas realízanse en grupos de 15 persoas como máximo, en castelán, en galego e en inglés. A comunicación oral establecerase tanto en español como en inglés. É necesario formalizar a reserva con antelación.

PARA MÁIS INFORMACIÓN:

Tlf: 986 810 199 / 986 810 171 / 986 224 757 Fax: 986 810 110 e-mail: ofi.turismo@vigo.org

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo - (+34)986810100

Guía do ocio

Editada cada mes, a Guía do ocio ofrece información turística, actividades e exposicións, feiras, ocio, concertos, deportes e outros eventos da cidade de Vigo.

Pode conseguila nos puntos de información turística, en diversos hoteis da cidade, ...

Aloxamento

Vigo dispón dunha grande oferta hoteleira, dende un hotel de cinco estrelas, ata hoteis e hostais dunha e dúas estrelas e albergues.

Neles o viaxeiro pode planificar a súa estancia na cidade, así como celebrar calquera tipo de evento ou congreso dado o forte pulo do turismo congresual na cidade.

Puntos de información

Oficina de Turismo da Pedra

Rúa de Teófilo Llorente, 5 Tlf: 986 224 757 e-mail: turismo.apedra@vigo.org

Horario de inverno: de luns a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30. Domingos, pechado.
Horario de verán: de luns a domingo de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30.
Oficina de información da Xunta

Información turística de Vigo e Galicia. Rúa de Cánovas del Castillo, 22. Tlf: 986 430 576

Horario: No inverno de luns a venres de 9:30 a 14:00 e de 16:30 a 18:30; sábados de 10:00 a 13:30 e domingos, pechado. No verán - de luns a venres de 9:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30; sábados, domingos e festivos de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00

Casetas de información turística

Caseta da Praza do Rei
Caseta da Praza de España
Caseta da Porta do Sol
Caseta da Estación Marítima
Caseta da Estación do Ferrocarril

Como llegar a Vigo?

Llegar a Vigo

Vigo está bien comunicada gracias a una completa red de infraestructuras que conectan la ciudad con los principales núcleos urbanos gallegos, peninsulares e internacionales.

Su puerto atlántico, su aeropuerto, la red de carreteras y el ferrocarril permiten la existencia de una amplia oferta de transportes para todos los gustos y todas las posibilidades.

Por carretera:

Vigo cuenta con tres grandes viales:

La autovía del Noroeste: conecta la ciudad con Madrid y la meseta, a través de 667km de carretera.
La autovía de las Rías Baixas: discurre desde Vigo hasta la autopista del Norte de Portugal, pasando por Tui, Braga y Oporto hasta enlazar con Lisboa; también se conecta con la autopista Vigo-Baiona.
La autopista del Atlántico: comunica la ciudad olívica con el norte de Galicia, a través de Pontevedra, Santiago y A Coruña.
En autobús

Las principales conexiones enlazan Vigo con Madrid, Barcelona, Asturias, Bilbao, Irún, San Sebastián, Zaragoza, Extremadura, Andalucía,... También cuenta con rutas internacionales con Portugal (Oporto, Lisboa y Algarve), Francia, Suiza, Bélgica, Holanda, Dinamarca y Alemania.

Estación de autobuses: Av. de Madrid, 57 Tlf: 986 373 411

En tren

Existen conexiones diarias entre Vigo y las ciudades vecinas: Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña y Oporto.

Además la oferta incluye expresos y talgos cada día con Madrid y Barcelona, y trenes directos a León, Ponferrada, Bilbao y Alicante.

Estación de trenes ADIF: Plaza de la Estación s/n Atención al cliente: 986 269 403 Información nacional: 902 240 202 Información Internacional: 902 243 402 www.renfe.es

En barco

El puerto vigués recibe cada año miles de pasajeros de cruceros, entre los que destacan: Queen Mary II, Queen Elizabeth, Oriana, Arcadia, etc.

Durante todo el año hay transporte diario a las localidades de Moaña y Cangas del Morrazo.

Además, en Semana Santa y desde mediados de junio a mediados de septiembre se realizan rutas diarias a las Islas Cíes.

Estación Marítima: Estación Marítima s/n Tlf: 986 225 272 Información: 902 454 645

En avión

El aeropuerto de Vigo está situado a 10km del centro de la ciudad. Cuenta con una amplia oferta de vuelos regulares a Madrid, Barcelona, Bilbao, Canarias, Alicante, Sevilla, Baleares, Valencia y Málaga; y vuelos internacionales a París, Copenhague, Francfurt, Estocolmo y Lisboa.

Aeropuerto de Peinador: Av. del Aeropuerto s/n Tlf: 986 268 200 www.aena.es

Concello (Ayuntamiento) de Vigo

Información: Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo - (+34)986810100